Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Actividades Cuatrimestrales
Actividades Trimestrales
Arte Floral
Cociña


Duración: del 11 de octubre al 20 de diciembre de 2010
Información de Matricula e Certificados

INFORMACIÓN DE MATRÍCULA:


· Este Centro réxese polo calendario escolar oficial.

· Entregar, se se matricula por primeira vez no Centro, fotografía e fotocopia do D.N.I.

· O pago da matrícula realizarase en calquera sucursal de CAIXA GALICIA, mediante impreso que se facilitará nas oficinas deste Centro, devolvendo unha copia do mesmo (folla branca), debidamente selada polo banco de ter efectuado o pago.

· No caso de que un alumno matriculado, ao comezar a actividade non desexe continuar, só se devolverá o importe da matrícula dentro dos primeiros SETE DÍAS a partir do comezo da actividade na que se matriculara.

EN NINGÚN CASO, PASADO ESTE PRAZO SE DEVOLVERÁ IMPORTE PARCIAL OU FRACCIÓN POR DÍAS DE CLASE REALIZADA, CALQUERA QUE SEXA A CIRCUNSTANCIA QUE PUIDERA ALEGAR O ALUMNO.
O QUE SE PON EN COÑECEMENTO COMO AVISO E ACEPTACIÓN POR PARTE DO ALUMNO.


INFORMACIÓN DE NORMAS DO CENTRO PARA OS MATRICULADOS:

· O feito de realizar a solicitude para cursar calquera actividade neste Centro, indica que o solicitante acepta as normas de Réxime Interno que figuran na páxina seguinte.

· Deixar equipos, aulas, material, etc. debidamente recollidos.

· Material, xénero e vestiario: apórtano os alumnos.

· Unha vez efectuada a matrícula e que teñan pasado os días con dereito á devolución do importe da mesma, non se permitirá o traslado da actividade na que se teña matriculado a outra.

INFORMACIÓN DE CERTIFICADOS:

· O Centro expedirá certificados das actividades, agás nos cursos de Galego que é oficial.

REQUISITOS PARA OBTER O CERTIFICADO:

· Ter entregado toda a documentación solicitada na matrícula.

· É preciso ter asistido e participado regularmente na actividade, e a proposta do responsable correspondente.

· Facer a solicitude e aboar a taxa estipulada de 8 €